
O noso Club
U.D. Santa Mariña
Benvidos á web oficial da Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral.
Somos un modesto club de fútbol, no que levamos máis de medio século formando centenares de xogadoras e xogadores.
Habitualmente a nosa formación é utilizada como aprendizaxe dunha disciplina da cal gozar da práctica dun deporte tan extendido en forma de lecer, pero noutros casos (e non poucos) serviu como método de lanzamento para progresar e conseguir soños no fútbol profesional ou semi-profesional.
Temos o orgullo de ter na nosa canteira xogadores profesionais como Jonathan Pereira, Iago Aspas, Brais Méndez, Gabri Veiga, Rubén Blanco, Santiago Formoso (Alén do Cosmos), e moitos máis que chegaron a cumplir o seu sono. E máis que chegarán, porque cando as cousas fanse con corazón como no noso club, os resultados reflictense o longo dos anos.
Todos eles, aficcionados e profesionais, convertéronnos nunha das canteiras referencia de Galicia como ó acreditou a nosa Real Federación Galega de Fútbol no 2018 co seu galardón. Ven disfrutar do fútbol con nós!
Agardámoste!!!!
U.D. Santa Mariña
Últimas Novas
ACABEMOS COA VIOLENCIA VERBAL
3 PASOS PARA LOITAR CONTRA O INSULTO IMPUNE
GALerÍA
HORARIOS | XORNADA 19-20 DE SETEMBRO
Nova fin de semana de competición para a Semente Vermella.
Os equipos de Fútbol 11 afrontan a súa segunda xornada de Liga, mentres que a competición bota a andar tamén para os nosos equipos de Fútbol 7/8, co debut do Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A.
🏠 En Cotogrande, o noso Sénior, Xuvenil A, Cadete B , Infantil A e o Infantil C disputarán os seus encontros como locais, nunha nova oportunidade para competir ante a nosa afección.
Unha xornada máis para seguir medrando, competir e desfrutar do fútbol.
📅 Consulta todos os horarios e acompaña aos nosos equipos.
‼️Errata o partido do infantil B é no campo Penedo dá Moo
🔴⚪ #Semente_Vermella.
#UDSantaMariña #Fútbol11 #Fútbol8 #Fútbol7 #Cotogrande #futbolbasevigo
🔴 RESULTADOS FÚTBOL 11 | 1ª XORNADA
Primeira xornada de competición para os nosos equipos de Fútbol 11, que deixan unha fin de semana con diferentes resultados e moitos minutos de competición por diante.
⚽ Vitorias para o Xuvenil B, Cadete A e Infantil A, que comezan a Liga sumando os tres puntos.
🤝 Empate para o Xuvenil A, que asinou as táboas (1-1) no seu debut ligueiro.
O Sénior, Cadete B, Infantil B e Infantil C non puideron sumar nesta primeira xornada, pero a competición acaba de comezar e queda moito camiño por diante.
Unha primeira xornada que serve para coller ritmo, gañar experiencia e seguir construíndo equipo.
Santa Mariña nunca se rende. 💪🔴
#UDSantaMariña #semente_vermella❤️ #Fútbol11 #Resultados
O SÉNIOR ESTREA A LIGA EN TOMIÑO
O noso sénior iniciou a competición cunha derrota por 2-1 ante o Tebra, nun encontro de moita intensidade no que o equipo mostrou personalidade e mantivo a súa proposta de xogo.
O Tebra adiantouse no marcador tras un erro defensivo e ampliou a vantaxe na segunda metade. O noso equipo reaccionou, recortou distancias e buscou o empate ata o final, pero os tres puntos quedaron en Tomiño.
Un resultado que non reflicte todo o traballo realizado, pero que deixa tamén aspectos positivos sobre os que seguir construíndo.
A Liga acaba de comezar. Seguimos traballando.
Seguimos medrando.
🔴#semente_vermella
🔴 COMEZA A LIGA PARA O NOSO FÚTBOL 11!
Despois de semanas de traballo, esforzo e ilusión, damos por rematada a pretempada e abrimos as portas á competición oficial.
Comeza agora o camiño que os nosos equipos percorrerán ao longo da tempada para loitar polos seus obxectivos, crecer como futbolistas e, sobre todo, gozar do fútbol.
Moita sorte a todos nesta primeira xornada!
Que sexa o comezo dunha gran tempada para todos os nosos equipos, xogadores e corpos técnicos.
E neste camiño, a nosa afección ten un papel fundamental. Animámosvos a encher o campo cada fin de semana, apoiar aos nosos equipos como locais e converter cada partido en Cotogrande nun día especial.
E cando toque viaxar... tamén vos queremos nas bancadas rivais!
Porque apoiar aos nosos xogadores non entende de distancias. Cada ánimo, cada aplauso e cada palabra de apoio conta.
Tamén queremos desexar unha gran tempada a todos os clubs, xogadores, familias, adestradores e entidades que forman parte do fútbol base galego.
Vémonos nos campos, competindo, aprendendo e compartindo a paixón polo fútbol.
❤️ Imos a por unha tempada máis.
E mentres o Fútbol 11 comeza a súa andaina...
Quedamos moi pendentes do inicio da competición dos nosos equipos de Fútbol 8.
#UDSantaMariña #SementeVermella #FútbolBase #Fútbol11 #Temporada2627 #santamariñanuncaserende
O Sénior pecha a pretempada cunha nova vitoria e xa pon o foco no inicio da competición.
O noso equipo Sénior disputou hoxe en Cotogrande o seu último partido amigable antes do inicio oficial da competición, previsto para a vindeira fin de semana.
O conxunto vermello impúxose ao Balaídos C.F., que non puido conter o ritmo dos nosos xogadores, especialmente tras o descanso. O equipo deu un importante paso adiante na segunda metade, mellorando o seu xogo e aumentando notablemente a súa efectividade de cara á portería rival.
Un último ensaio que deixa boas sensacións e que serve para pechar unha pretempada de traballo, aprendizaxe e preparación de cara ao que realmente importa.
A competición xa está aquí. O Sénior afronta o inicio de tempada con moita ilusión, ambición e ganas de comezar a competir.
🔴 Comeza o camiño. Comeza a competición.
#sementevermella #santamariñanuncaserende
🔴 A NOSA ESTRUTURA DE FÚTBOL 11 | TEMPADA 26/27
Comeza unha nova tempada e con ela seguimos medrando como club. ⚽️
En U.D. Santa Mariña apostamos por unha estrutura de dirección e coordinación deportiva organizada, pensada para acompañar o crecemento dos nosos equipos, xogadores e familias.
Coñece as persoas responsables de liderar e coordinar o Fútbol 11 durante a tempada 2026/2027:
🔴 DIRECTOR DEPORTIVO
Jonathan Pereira
📱 600 64 47 04
🔵 COORDINADOR DE INFANTÍS E XUVENÍS
José Antonio Suárez
📱 644 74 53 18
🔴 COORDINADOR DE CADETES
Roberto Estévez
📱 616 99 46 78
🔵 COORDINADOR DE CAPTACIÓN
Martín González
📱 658 82 06 66
Cada área, unha responsabilidade.
Unha estrutura, un equipo.
Un mesmo obxectivo: seguir facendo medrar a nosa canteira. ❤️💙
❤️ Semente Vermella
#UDSantaMariña #SementeVermella #Fútbol11 #Tempada2627 #Canteira #FútbolBase #Vigo #SempreVermellos
O teu soño pode comezar aquí.
Cada gran historia ten un primeiro adestramento.
Na U.D. Santa Mariña medraron xogadores como Iago Aspas, Brais Méndez, Jonathan Pereira, Gabri Veiga, Rubén Blanco e moitos outros que converteron a súa ilusión en realidade.
O seu primeiro paso foi vestir esta camisola.
O seguinte pode ser o teu.
Se buscas un club onde aprender, competir, crecer e gozar do fútbol nun ambiente de formación e valores, este é o teu lugar.
⚽ Categorías abertas:
Minis · Prebenxamíns · Infantís · Cadetes · Xuvenís
🔴 Semente Vermella.
Formamos xogadores. Formamos persoas.
INFORMACIÓN al 600 64 47 04
🚨 O luns 3 de agosto comezamos! ⚽🔥
A conta atrás remata. Chega o momento de volver ao céspede, reencontrarnos como equipo e dar o primeiro paso cara a unha nova tempada chea de ilusión, traballo e ambición.
O luns 3 de agosto arrincan os adestramentos da pretempada 2026-2027 dos nosos equipos de Fútbol 11.
É tempo de crecer, competir e defender con orgullo as nosas cores.
❤️ Semente Vermella.
Unha nova tempada comeza... e queremos vivila contigo.
#UDSantaMariña #SementeVermella #Pretempada20262027 #Fútbol11 #Adestramentos #Canteira #PaixónPoloFútbol
Na U.D. Santa Mariña cremos que o fútbol base é moito máis ca competir.
É formar persoas, acompañalas no seu crecemento e darlles as ferramentas para que poidan cumprir os seus soños.
Hoxe queremos compartir unha noticia que nos enche de ilusión e orgullo. Catro dos nosos xogadores darán un paso moi importante na súa traxectoria deportiva:
Pablo Fonterrosa, Diego Laborda e Thiago Martínez incorporaranse ao R.C. Celta. @canteiraceleste
Martín Núñez fará o propio no R.C. Deportivo A Coruña.
Este logro é o premio ao seu esforzo, compromiso, humildade e traballo diario durante todos estes anos defendendo as cores da Santa Mariña. Estamos moi orgullosos deles e convencidos de que seguirán medrando tanto dentro como fóra do terreo de xogo.
Ao mesmo tempo, este tipo de noticias reafirman o traballo que realizamos no noso club. Ano tras ano, moitos dos nosos futbolistas teñen a oportunidade de ser observados por canteiras de referencia como as do R.C. Celta e o R.C. Deportivo A Coruña, demostrando que o esforzo conxunto de xogadores, familias, adestradores e coordinadores dá os seus froitos.
Grazas ás vosas familias pola confianza depositada en nós e grazas aos nosos adestradores por facer posible que estes soños comecen aquí.
Moita sorte nesta nova etapa, rapaces. Esta sempre será a vosa casa. ❤️
#UDSantaMariña #FútbolBase #Canteira #OrgulloSantaMariña #semente_vermella❤️
Unha nova edición da Vigo Cup termina, asi pecha o cadro de premiación dos nosos equipos :
Infantil A disputou a final de Oro e logra o Sub Campeonato . 🥈
Infantil B se títula Campión da Fase Prata . 🏆
O noso Benxamin A, competiu en fase Oro logra o segundo lugar disputando a final contra o R.C. Celta. 🥈
Deixamos imágenes cortesía da web da @vigocup
#semente_vermella❤️
Non é o mesmo ir a Balaídos ver un partido que ir xogalo. Non, non o é.
Isto é cumprir un soño. Os nosos dous equipos, Infantil A e Infantil B, clasificáronse para as finais de Ouro e Prata da Vigo Cup 2026, que se disputarán no estadio onde cada fin de semana os vigueses asistimos para gozar dun partido da Liga.
Agora tócanos ser os protagonistas e pisar o céspede de ABANCA Balaídos.
A gozar da experiencia! 💙⚽
#semente_vermella❤️
COMUNICADO OFICIAL
Ante os feitos ocorridos a Unión Deportiva Santa Mariña desexa expresar que os comportamentos acontecidos non representan nin comparten a forma de entender o deporte e a educación que caracterizaron á nosa entidade desde a súa fundación.
O club desvincúlase por completo do sucedido e reitera o seu firme compromiso cos valores do respecto, a deportividade e a formación integral dos nosos xogadores.
Tras analizar o sucedido, o club tomou a decisión de prescindir do corpo técnico do equipo Benxamín. Trátase de persoas novas, cun longo camiño por percorrer tanto no ámbito deportivo como no persoal, e dende a entidade temos claro que esta situación sirve como unha oportunidade de aprendizaxe e reflexión.
No fútbol, como na vida, todos cometemos erros e o verdadeiro crecemento prodúcese cando somos capaces de asumilos, aprender deles e volver levantarnos sendo mellores. É a mesma mensaxe que trasladamos cada día aos nosos xogadores de canteira: equivocarse forma parte do proceso de formación, pero o verdadeiramente importante é extraer un ensino de cada erro e convertela nunha oportunidade para mellorar.
A U.D. Santa Mariña cumpre o ano que ven 80 anos de historia, oito décadas nas que traballamos cun firme compromiso pola formación, o respecto, a educación e os valores do deporte por encima de calquera resultado.
Ese traballo constante e esa maneira de entender o fútbol son os que permitiron que numerosos xogadores formados na nosa canteira chegasen ao fútbol profesional, converténdose no mellor exemplo da labor que fai este club.
Seguiremos defendendo os nosos principios coa mesma firmeza de sempre, porque entendemos o fútbol base como unha ferramenta de formación de persoas antes que de deportistas.
Xunta Directiva
UD. Santa Mariña
Hoxe foi un día difícil para o noso club, tras unha gran tempada do Infantil A, a sorte non nos deu a cara, seguiremos loitando por volver a División de Honra.
Foi unha tempada de moito traballo e esforzo conxunto entre xogadores, corpo técnico e directiva.
Foi unha gran tempada de moito nivel competivo onde vimos unha gran evolución dos nosos xogadores.
Pero asi é o fútbol , sabemos que pronto nos dará unha gran recompensa.
Parabéns a todos pola gran tempada que fixeron!
Que queden os grandes momentos vividos e o orgullo do gran club que somos.
#semente_vermella❤️
Queremos enviar moito ánimo a Jose, que sufriu unha forte lesión tras unha caida desafortunada durante o partido tendo que ser atendido de urxencia.
Deixamos por aqui algunhas imagenes do partido.
Fotografias 📸 @zitrogram
⚽🔥 TODO POR SEGUIR SOÑANDO 🔥⚽
Tras un intenso empate 1-1 no partido de ida, o noso Infantil A afronta este sábado o partido máis importante da tempada.
🏆 Volta da primeira eliminatoria de ascenso
🆚 Pabellón Ourense
📍 Cotogrande
🗓️ Sábado
⏰ 11:30 h
Noventa minutos para decidir quen continúa no camiño cara á División de Honra.
Os nosos xogadores darano todo sobre o terreo de xogo. Agora precisamos que a nosa afección xogue o seu partido desde a bancada.
💙 Ven animar, ven empurrar, ven crer.
Xuntos somos máis fortes!
Enchamos Cotogrande e sigamos soñando co ascenso! 💪⚽
#InfantilA #PlayoffAscenso #DivisionDeHonra #Cotogrande #ImosSanta
Chegou a hora! 💪⚽️
A loita polo ascenso a División de Honra Categoría Infantil comeza mañá sábado na primeira eliminatoria de ida e volta!
O noso equipo Infantil A viaxará a Ourense a enfrontarse ao Pabellón , décimo terceiro clasificado de División de Honra que busca manter a categoría.
O partido xogarase no Campo de Fútbol Miguel Ángel- Os Remedios ás 11:30 h.
Todo o apoio para o noso equipo que demostrou durante a tempada un alto nivel competitivo.
TODOS A APOIAR ao noso INFANTIL A !!!
#semente_vermella❤️
IMOS CON TODO A POLO ASCENSO!
O Infantil A competirá na Fase de Ascenso a División de Honra, logo de completar a liga con 73 puntos e unha participación sobresaínte desde o inicio da tempada.
Comeza un novo camiño a partir do 30 de maio con 4 partidos en formato eliminatoria!!
Mentres o equipo prepara a fase, que a afección se prepare para dar todo o seu apoio desde a bancada!!
Todos unidos somos máis fortes!!
#semente_vermella❤️
Finaliza A liga Regular para algúns dos nosos equipos de Fútbol 11, continúa a Copa para outros, fútbol 8 segue en competición de Copa e Campionato Galego, un final de tempada cheo de emocións e moito que xogarnos!
Invitámolos a que esta fin de semana asistan a Cotogrande a apoiar a todos os nosos xogadores en partidos de moita importancia, que sinta a bancada e o sentimento do noso club.
#semente_vermella❤️
Cada fin de semana achégase moito mais o final de tempada, os nosos equipos de Fútbol 11 enfrontan xornadas determimantes para lograr os obxectivos, mentres que fútbol 8 compite na Copa e Campionato Galego.
Invitámoste a revisar os horarios e a acompañar aos nosos equipos nestes partidos tan importantes. Todos unidos somos mais fortes!!
#semente_vermella❤️
Partido igualado a dous goles entre o noso equipo Benjamin B e o @rapidodebouzas , encontro que se xogou hoxe pola mañá en Cotogrande, con moitas accións onde o noso porteiro foi determinante no resultado.
Todos os xogadores do equipo dirixido por Javi fixeron un gran traballo durante todo o partido.
Imos Santa!!
#semente_vermella❤️
Un partido definido por detalles.!
O Cadete b non puido sumar fronte ao Xinzo que nos visitou en Cotogrande e lévase os 3 puntos.
A seguir o que resta de tempada moito ánimo equipo!!!
Hoxe tambien estrearon camisetas de quecemento patrocinados pola cantina do Club.
Fotos 📸: @freddycaraballo.photo
#semente_vermella❤️
Estamos orgullosos deste equipo, os nosos rapaces do Benjamín A fixo unha gran tempada, chea de loita, traballo e convicción de cada día ser mellores!
Hoxe non foi un día onde saen as cousas ben pero igualmente non faltou a mostra de loita e onde se demostrou a calidade deste equipo!
Aínda queda para que isto chegue ao final e a clasificación ao Campionato Gallego está garantida!
Bo traballo rapaces!!
#semente_vermella❤️
TRES PUNTOS !O equipo Cadete A superou ao @victoriacf1943 nun partido de moitos nervios e intensidade.
Logo de estar por encima no resultado os visitantes rexurdiron e empataron o partido en en inicio da segunda metade, pero xa achegándose o final tras un penalti convertido por Gabriel Correa, logramos gañar o partido!!
#santamariñanuncaserende
#semente_vermella❤️
Isto é de TOLOS 😮😮 , enerxía, confianza e convicción.
Imos que renderse non é unha opción.
O noso equipo Xuvenil A suma a súa cuarta vitoria consecutiva, hoxe fronte ao segundo clasificado deu unha demostración de intensidade e concentración.
Estamos de subidón!!!
IMOS SANTA!!
#santamariñanuncaserende #semente_vermella❤️
Os nosos xogadores de categoria Infantil , Hugo e Thiago participarán o vindeiro martes no Campionato Galego coa selección de Vigo Sub 13 da mesma forma farao Vanya xogador Alevín do noso club coa seleccion Sub 12.
Estamos orgullosos de vós e desexámoslles teñan unha excelente participación!
#semente_vermella❤️
COMUNICADO OFICIAL !
O noso club quere expresar o seu máis sincero agradecemento a Miguel, adestrador do primeiro equipo, polo seu compromiso, profesionalidade e traballo desenvolvido durante a súa etapa connosco.
Desexámoslle a maior das sortes nos seus futuros proxectos, tanto a nivel persoal como profesional.
GRAZAS MIGUEL !
#semente_vermella❤️
Imaxes do emocionante e disputado partido do noso Infantil A que se enfrontou ao Celta B na Madroa.
Infantil A 2- Celta B 3. O noso equipo infantil A pecha a primeira volta da liga, con 15 partidos xogados, 14 gandos e 1 perdido.
Grazas a todos os que nos acompañaron e apoiaron durante todo o partido!!
#semente_vermella❤️
O noso Infantil C pecha a primeira fase da liga en segundo lugar, o que lles permite optar a competir polo ascenso a Segunda Futgal de Infantil.
En xaneiro comezará esta nova fase que afrontan con moita ilusión en procura do ascenso !!!
Parabén polo gran traballo nesta primeira etapa de competición!!!!
Imos Santa!! Imos Infantil C !!!
#semente_vermella❤️
🔊Ultima xornada !!! e ímonos a gozar do Nadal, sen esquecer que varios dos nosos equipos participarán na copa de nadal do @fundacion_vide a partir do día 26 de Decembro.
Á volta teremos novo ano pero estaremos enfocados nos mesmos obxectivos para os nosos equipos.!
Familia a pasala ben neste nadal para gozar desta xornada !
Felices Festas!
Despois dunha fin de semana intensa e dun éxito total no Torneo Semente Vermella, é hora de volver á liga, depárannos dúas xornadas máis antes do parón de decembro , isto vai moi rápido!!!
Así que a competir e gozar do que máis nos gusta.
Aquí deixamos os horarios da xornada.
Imos Santa !! #semente_vermella❤️
🏆 I Torneo Solidario Semente Vermella 2025 🏆
⚽ Categorías prebenxamín, benxamín e alevin
📍 Cotogrande
📅 6, 7 e 8 de decembro
Chega a primeira edición do noso torneo máis especial: o Sementé Vermella, unha cita pensada para gozar do fútbol base e promover valores como o compañeirismo, o esforzo e a solidariedade.
Durante os tres días do evento realizaremos unha recollida de alimentos a favor do Banco de Alimentos de Vigo. Cada doazón importa e pode axudar a quen máis o necesita.
🤝 Se queres vivir un ambiente deportivo único e, ao mesmo tempo, colaborar cunha boa causa, este é o teu lugar!
💬 Agardámoste en Cotogrande!
Fagamos desta primeira edición algo inesquecible. ❤️⚽
#semente_vermella❤️
Logo duns meses de reforma e organización do espazo, grazas á achega de moitas persoas que fan vida no noso club e aos patrocinadores que sumaron esforzos en doazóns de material deportivo, temos o xesto pracer de informar que o noso ximnasio está operativo para todos os nosos equipos.
Desta forma poderán completar as súas sesións de adestramento incluíndo na súa dinámica o traballo de forza con elementos e accesorios específicos para este tipo de adestramento.
Seguimos crecendo!!
Grazas a todos os que deron a súa achega para que o noso ximnasio xa sexa unha realidade!
#semente_vermella❤️
Finde de fútbol, paixón e corazón vermello! ❤️⚽
A nosa UD Santa Mariña xa ten listos os horarios dos partidos desta fin de semana, e queremos verte animando dende a bancada 💪
📅 Este sábado e domingo xogamos con todo, con garra e orgullo, defendendo o noso escudo e a nosa xente.
🔥 Ven apoiar, grita, sente, vive o fútbol con nós!
🔴 UD Santa Mariña / #semente_vermella❤️
#savefootball
Infantil A, Cadete A e Xuvenil A luciron esta fin de semana novas camisetas de quecemento patrocinadas por @javi_trainingclub , quen apostou pola visibilidade da súa marca cos nosos equipos que compiten en División de Honra e Categoría Preferente!
Grazas Javi por confiar en UD Santa Mariña 💪⚽️
#semente_vermella❤️













































































































