U.D. SANTA MARIÑA
Hoxe noso equipo Cadete A recibiu en Cotogrande ao Bertamirans B.F.C., club que se clasificou á final tras saír vitorioso da eliminatoria ante o Pontevedra C.F.
Esperábase un partido complicado, quizá evocando as pantasmas da tempada pasada, na que non foi favorable a semifinal, contra un Bertamirans que nos levou á quenda de penaltis e cubriu unha a praza finalista sen lograr o éxito.
Nunha festa entre afeccións que enchían as bancadas das nosas instalacións en Cabral, o colexiado Juan Luis Davila Fernández , ordenaba iniciar o partido e abriuse o pano do que seria unha obra de arte en formato fútbol protagonizada polos 16 convocados de David (Pelón), adestrador do Cadete A.
Ao minuto 12, Pablo Pires ,marcou o 1-0 que cambiaba o marcador para dar un paso adiante para o noso equipo. 3 minutos máis tarde (15') sen que o bertamirans asimilase o primeiro gol encaixado, unha definición maxistral de Manuel Álvarez aumentaba a distancia no resultado, asi como a ilusión de levar un marcador moi a favor ao partido de volta.
Sen perigo de que os aurinegros achegásense e mantendo a posesión do balón, mantívose o resultado ata o descanso. Tras regresar dos vestiarios, o Bertamirans empezou con forza a exercer presión no noso campo tentando xerar ocasións que Raúl co seu potencial xogo aéreo soubo controlar apoiado por unha defensa férrea que loitou cada balón próximo a porteria. Sen deixar atrás a excepcional participación na porteria de Mauro.
O terceiro gol chego ao minuto 73' , ocasión que aproveito Gerard Álvarez que deixou o balón no fondo da rede. Gerard o teu gol fíxonos tolear e enchernos de esperanza!
E novamente, sen respiro sen deixar pasar moito tempo, sen dar marxe de reacción, MAXIMILIAM sentenciou o 4-0 que nos levará ao partido de volta cun resultado moi a favor.
O traballo do partido de ida fíxose, demos un paso firme e importante, pero isto non queda aquí, queda un reto máis, hai que seguir traballando, e dar ese último esforzo que nos fará lograr o obxectivo, volver ao lugar que nos pertence en DIVISIÓN DE HONRA!
SOMOS U.D. SANTA MARIÑA, SOMOS SEMENTE VERMELLA!
Udsantamarina@gmail.com
Campo de fútbol de Cotogrande.
Subida a Cotogrande S/N 36318 (Cabral) Vigo.
+34 696916676
(Chato)