U.D. SANTA MARIÑA
Queridas familias da U.D Santa Mariña!
Comprácenos convidalos á Gran Festa de Fin de Tempada, un evento especial onde celebraremos xuntos todos os logros e momentos inesquecibles que compartimos ao longo deste ano. Este día será unha ocasión perfecta para fortalecer os nosos lazos, gozar de actividades recreativas e honrar o esforzo dos nosos xogadores.
Data: 30 Xuño.
Horario: Todos o día.
Lugar: Cotogrande.
-Actividades para Toda a Familia:
Xogos, talleres e deportes para todas as idades, asegurando diversión para grandes e pequenos.
-Atraccións:
Tobogán acuático para TODAS AS IDADES, pinta caras, inchable para os máis peques e FESTA DA ESCUMA. Todo iso supervisado por monitores cualificados.
-Torneo e retos:
Faremos un torneo de F-8 cos papis/mamis/avós/as de cada equipo ( Teredes a ocasión de demostrar todas esas indicacións que lles dades aos nenos/nenas desde a banda 😉) e retos onde poderedes demostrar as vosas cualidades!!
-Música e Baile:
Gozaremos de música con Dj, nun ambiente festivo que animará a todos a participar.
-Comida e Bebida:
Poderédes traer a vosa comida ou reservar na cantina.
Esta festa non só é unha celebración dos nosos éxitos no campo, senón tamén unha oportunidade para agradecer a todas as familias polo seu apoio incondicional. A súa presenza é fundamental para que este evento sexa un verdadeiro éxito.
Non cho perdas! Veñan a compartir, gozar e celebrar connosco. Xuntos, somos máis fortes e este día será unha mostra da gran familia que é o Santa Mariña.
Esperámolos con entusiasmo para celebrar un ano incrible e dar a benvida a novos retos.
Donativo: 5€*.
*Sorteo dun día dun Inchable, entradas para o parque infantil A Nave, corte de pelo en perruqueria Karnu e mais cousas por confirmar.
TORNEO FAMILAS UDSM
Estamos encantados de convidar a todos os pais e nais/avoas/avós a participar no noso emocionante Torneo de Familias UDSM, que se levará a cabo durante a festa de fin de tempada. É a oportunidade perfecta para que os pais demostren as súas habilidades futbolísticas e divertirse en grande
Por que participar?
Diversión e Competencia: Xoga nun ambiente amigable e goza da complicidade e a competencia sa.
Exemplo para os Nen@s: Móstralles aos teus fill@s a importancia do deporte e o traballo en equipo.
Premios: Haberá premios para os equipos gañadores.
Detalles do Torneo
Equipos Mixtos: Equipo formados con outros pais e nais/avoas/avós do equipo do nena/neno.
Partidos Curtos: Os partidos serán de formato reducido para garantir que todos teñan a oportunidade de xogar e gozar.
Inscrición: Para inscribirte, contacta con J.Pereira. A inscrición será de 20€ por equipo e está aberta a todos os familiares dos xogadores.
Non importa o teu nivel de habilidade ou experiencia, o importante é participar e pasar un bo intre. Este torneo é unha excelente oportunidade para coñecernos mellor, fortalecer a nosa comunidade e mostrarlles aos nosos fillos o espírito deportivo.
Non o perdas! Prepárate e para correr, divertirte e vivir unha xornada inesquecible en familia.
Animarvos a participar e demostrar que os familiares do Santa Mariña tamén saben xogar ao fútbol!
#SementeVermella #XuntosSomosMais #ImosSanta
U.D Santa Mariña
Udsantamarina@gmail.com
Campo de fútbol de Cotogrande.
Subida a Cotogrande S/N 36318 (Cabral) Vigo.
+34 696916676
(Chato)