U.D. SANTA MARIÑA

Ó 

 INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE COTOGRANDE

Na Historia

O primeiro local da U.D. Santa Mariña, foi á beira da Igrexa, nun anexo da casa do Bar Galocho. Polo ano 1950 o local trasladouse a un baixo dos "Amigos", onde hoxe é o número 5 da Avenida dá Ponte. 

Posteriormente cambiouse para outro baixo fronte á praza de abastos. 

En 1966 conseguiuse alugar os locais en Ramón Nieto, número 424; interior donde estivo a sede do club ata 1999, cando trasladouse as actuales instalacións do Campo de Fútbol de Cotogrande. 

NA ACTUALIDADE

No Municipio de Vigo e en terreos cedidos pola Comunidade de Montes de Cabral e no lugar de Cotogrande, é onde se sitúan as instalacións deportivas que adoptan o mesmo nome. 


Grazas á colaboración da Comunidade de Montes de Cabral, construímos, en pedra do país, un local de 100m2 situado na entrada do campo, o cal destinamos a oficinas e almacén, pasando o antigo local (situado debaixo da bancada), a clínica e local de material. 

O día 25 de Febreiro de 2007, inaugurouse o campo principal (102x64 m), que consistiu na dotación de herba sintética e de novas portarías (fútbol 7 e fútbol 11). Esta remodelación tamén incluíu a iluminación nova, un marcador electrónico, colocación de asentos plásticos na bancada e o asfaltado do aparcadoiro. Desta forma, conseguiuse o obxectivo da directiva, o cal agradecemos á Deputación de Pontevedra e ao Concello de Vigo.

E un segundo campo, de 92x64 m, de herba sintética inaugurado o 6 de Outubro de 2010 xunto con dous novos vestiarios para xogadores e un para árbitros.

Nestes momentos dispomos de 8 vestiarios completos para uso de xogadores, así como catro para uso de árbitros e adestradores.

Share by: